As cuncas do Douro e o Ebro seguen en alerta por risco de rebordamentos
Hai oito municipios en aviso vermello en Soria, Burgos, Valladolid e Zamora
En Zaragoza contan que o Ebro siga subindo ata o xoves
Os desaloxados de Andalucía seguen volvendo ás suas casas
Despois de dez días de desaloxo, Grazalema deixa de ser un lugar fantasma.
Os veciños van retornando impacientes por ver ata que punto quedaron afectadas as suas casas. T
amén manifestan emoción polo momento e pola acollida que lles depararon en Ronda.
A alegría aínda non é total porque os veciños da parte baixa, uns douscentos, terán que agardar a que os informes técnicos confirmen que o acuífero sobre o que se asentan xa non supón un perigo.
Os que tamén terán que agardar uns días para volver á normalidade son os veciños das ribeiras dos ríos da metade norte da península por mor do desxeo.
O Douro segue en nivel de aviso vermello en oito concellos de Soria, Burgos, Valladolid e Zamora.
Na cunca do Ebro tamén están en preaviso porque contan que o nivel do río vai seguir subindo ata o xoves, por culpa de Pedro, a nova borrasca que mañá e pasado traerá vento e máis neve ás serras do norte.
O xoves pola tarde é cando se prevé chegar ao máximo caudal, pero áinda quedamos lonxe dunha alerta vermella, segundo informa Natalia Chueca, a alcadesa de Zaragoza