As comunidades do PP néganse a asinar a orde do día da Conferencia de Presidentes ao non incluír parte das súas propostas
As comunidades do PP néganse a asinar a orde do día da Conferencia de Presidentes ao non incluír parte das súas propostas
O Goberno di que non teñen vontade de acordo
Galicia e o resto das comunidades do PP negáronse a aprobar a orde do día da Conferencia de Presidentes do próximo venres ao quedar fóra asuntos que consideran prioritarios, como a reforma do sistema de financiamento ou o control de fronteiras.
O conselleiro da presidencia da Xunta di que o Goberno non aceptou incluír a maior parte das propostas que levaban.
E critica que non acceda tampouco a modificar o formato da Conferencia, para convertelo nun foro de debate e diálogo.
"A conclusión é que o Goberno non entendeu nada e quere seguir manténdose nunha posición que consideramos errónea. Hoxe non aceptou a orde do día que propoñiamos a maioría das comunidades e a súa resposta foi de cerrazón absoluta", di Diego Calvo.
O Goberno di que o PP non ten vontade de acordo
Pola súa parte, o Goberno considera que os populares acudiron á reunión preparatoria da Conferencia cunha posición pactada de antemán. O ministro de Política Territorial critica que levan tempo pedindo a xuntanza e que agora queiran boicoteala. E cre que non teñen vontade de chegar a un acordo.