O inicio soñado do Deportivo xuvenil converteuse nun pesadelo (2-6)
O cadro coruñés comezou gañando por 2-0, pero o Betis remontou e acadou unha goleada espectacular

Goleada do Betis sobre o Deportivo nas semifinais da Copa de Campións xuvenil (2-6). E iso que o cadro coruñés gañaba por 2-0 nos primeiros tres minutos do encontro grazas aos goles de Rubén Fernández, de penalti, e de José Rey.
⚽️ ¡𝗚𝗢𝗢𝗢𝗢𝗢𝗟!
— RFEF (@rfef) May 29, 2025
⚽️ ¡𝗚𝗢𝗢𝗢𝗢𝗢𝗟!
Llevamos tres minutos de partido y ya se han cantado dos goles. José Rey anota el segundo para la cuenta del conjunto gallego.
🆚@DeporCanteira - @RBetisCantera I 2-0 I 3'
📺 YouTube: https://t.co/JZWZqNfcva#CopaDeCampeones pic.twitter.com/XL0FaoBJIc
Pero a reacción do Betis foi igual de contundente. No minuto 5 recortou diferenzas e no 11 empataba nun comezo de partido de tolos. Os dous goles marcounos Iván Corralejo.
🤔 ¿Cómo era esa frase?
— RFEF (@rfef) May 29, 2025
¡QUÉ BONITO ES EL FÚTBOL CUANDO SE VUELVE LOCO!
💚 Pues los béticos recortan distancias en el minuto 5 de partido.
⚽️ ¡𝗚𝗢𝗢𝗢𝗢𝗢𝗟!
🆚@DeporCanteira - @RBetisCantera I 2-1 I 5'
📺 YouTube: https://t.co/JZWZqNfcva#CopaDeCampeones pic.twitter.com/4i1G4Evg7F
No minuto 20 Pablo García dáballe a volta ao resultado e xusto antes do descanso Dani Fragoso marcaba o 2-4 co que se chegaba ao descanso.
⚽️ ¡𝗚𝗢𝗢𝗢𝗢𝗟!, ¡𝗚𝗢𝗢𝗢𝗢𝗟!, ¡𝗚𝗢𝗢𝗢𝗢𝗟!
— RFEF (@rfef) May 29, 2025
🤯 ¡REMONTAN LOS BÉTICOS!
⚡️ Pablo García pone el tercero para la cuenta del conjunto visitante.
🆚@DeporCanteira - @RBetisCantera I 2-3 I 19'
📺 YouTube: https://t.co/JZWZqNfcva#CopadeCampeones pic.twitter.com/JjdgXY2dXK
O Deportivo arriscou cunha presión máis alta no segundo tempo e o Betis aproveitouno para marcar o quinto cun gran disparo desde fóra da área de Iván Corralejo no minuto 54
🔥 ¡𝗛𝗔𝗧-𝗧𝗥𝗜𝗖𝗞 DE IVÁN CORRALEJO!
— RFEF (@rfef) May 29, 2025
Los verdiblancos anotan el quinto y ponen ya un pie en la final.
🆚@DeporCanteira - @RBetisCantera I 2-5 I 54'
📺 YouTube: https://t.co/JZWZqNfcva#CopaDeCampeones pic.twitter.com/56mnLja3Le
O sexto e definitivo gol foi obra de Adrián Martín desde o punto de penalti e o Betis será o equipo que se enfronte ao Valencia na gran final.