Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reducir contactos, máscara na rúa ou toque de queda: as demandas das autonomías a Sánchez

Reducir contactos, máscara na rúa ou toque de queda: as demandas das autonomías a Sánchez

Cataluña vai pedir que as súas restricións se estendan a outras comunidades

Madrid pedirá que os contactos de positivos con dobre pauta non fagan corentena

G24.gal 21/12/2021 14:52

Toque de queda da unha ás seis da mañá, reunións limitadas a dez persoas e peche do ocio nocturno. Estas son algunhas das medidas que Cataluña implantará na madrugada do venres se consegue o aval da xustiza. É a comunidade que chega con máis restricións aprobadas á Conferencia de Presidentes, e Pere Aragonés vai pedir que se estendan a outras comunidades.

Pero, polo momento, ningunha parece disposta a facelo. Madrid mesmo pide máis flexibilidade, que non cumpran corentena os vacinados coa dobre pauta que estivesen en contacto con positivos. En opinión da súa presidenta, Isabel Díaz Ayuso, "estamos tendo unhas corentenas explosivas que están tirando abaixo ceas de Nadal, pechando aulas completas, mandando a teletraballo a todo o mundo e cremos que isto se pode revisar porque é innecesario".

Como a de Madrid, outras comunidades do PP van volver pedirlle a Sánchez unha lei estatal de pandemias. O presidente da Junta de Andalucía asegura que está preocupado pola "falta de liderado do Goberno da nación". Para Juan Manuel Moreno, "non se ve coordinación e seguimos sen unha lei estatal".

E é quen son moitas as comunidades que piden criterios comúns. A conselleira de Saúde de Navarra, Santos Induráin, avoga por "un mínimo que sexa común" a todas as comunidades.

Un novo fondo covid para o ano que vén é precisamente unha das peticións que máis consenso xera entre os presidentes autonómicos. Tamén son moitos os que piden a volta da máscara a exteriores, entre elas, Galicia.

Este mércores pola tarde, o Goberno central escoitará todas estas peticións, tamén as críticas por convocar esta Conferencia tan só dous días antes da Noiteboa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade