Publicador de contidos

Publicador de contidos

As cegoñas xa son da casa, cada vez pasan máis tempo Galicia

As cegoñas xa son da casa, cada vez pasan máis tempo Galicia

É moi frecuente ver os seus niños moi preto das cidades

G24.gal 06/05/2026 20:01

Forman parte xa da nosa paisaxe. Cada vez é máis frecuente ver cegoñas na contorna das cidades, especialmente en Lugo e Ourense. Antes, só se podían ver no verán, pero agora escollen Galicia para pasar máis tempo. 

"Observamos que os desprazamentos cada vez son de menor duración. As cegoñas moitas veces marchan xusto despois do verán e un par de meses despois xa están de volta", afirma Óscar Rivas, da Sociedade Galega de Ornitoloxía.

Unha especie que, ademáis, non causa ningún problema.

"Non temos constancia en Galicia de ningún problema con elas, de feito a nosa experiencia é que a xente as ve, afortunadamente, con moi bos ollos", comenta tamén Rivas.

Saímos a rúa e si, é certo que moitos están contentos con elas.

"Dan vida a cidade. En febreiro polo San Blás, cegoñas verás, aínda que agora xa parece algo permanente. Será polo clima, ou polos ríos".

Sexa polo clima ou non, o certo é que as cegoñas teñen previsto quedar con nós moito tempo.


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade