As capturas do polbo duplícanse nesta campaña con respecto ao ano pasado
O paro biolóxico de abril a xuño fixo que a poboación do polbo se recuperara

A campaña do polbo este ano comezou da mellor maneira posible, cun mes de xullo e agosto, meses de maior demanda, onde as capturas se duplicaron. Os datos así o confirman: pasamos das 202 toneladas nos mesmos meses do 2024 a 420 toneladas este ano.
Isto en Bueu e o certo é que os mariñeiros están satisfeitos coas capturas, sobre todo do mes de xullo.
Parece que os tres meses, de abril a xuño en que non houbo actividade, polo paro biolóxico e pola veda, fixo que a poboación do polbo se recuperara.
No tocante ao prezo, mantense con respecto ao ano pasado.
Cren os profesionais do sector que esta campaña vai ser moi boa, pois a partir de outubro comeza o forte, e se a meteoroloxía o permite superarán e moito as cifras do ano pasado.