Publicador de contidos
Publicador de contidos

As candorcas atacan de novo un veleiro preto de Muros e féndenlle o temón

As candorcas atacan de novo un veleiro preto de Muros e féndenlle o temón

Os cetáceos estiveron preto de dúas horas arredor do veleiro

Os dous navegantes do Bont'Sol non sufriron danos no ataque

O veleiro Bont'Sol no porto de Muros despois de ser atacado polas candorcas
G24.gal 02/09/2023 14:53 Última actualización 02/09/2023 16:23

Un veleiro francés foi atacado esta madrugada a 6 millas do monte Louro. Os animais partíronlle o temón e estiveron máis dunha hora arredor do barco, que deixaron á valga e que foi rescatado pola Salvamar Regulus. 

Era de madrugada cando Cate e Thomas comezaron a sentir os golpes no veleiro no que viven e viaxan, cando saíron a cuberta, descubriron as candorcas. Así o relataba Cate Brancart, aínda recuperándose do susto. 

Esta noite navegabamos desde A Coruña cara a Vigo e arredor das catro menos cuarto, fomos atacados por un grupo de candorcas. Elas atacaron o barco, apareceron da nada, escoitámolas golpear o temón con moita forza. Entón por 5 ou 10 min, xogaron co barco, golpeárono, empuxárono e non sabiamos exactamente o que estaban facendo.

Tres candorcas, unha adulta e dúas máis pequenas deixaban o veleiro á valga.

Vímolas, vímoslles o lombo e eran xigantescas. Máis longas que o ancho da embarcación. Estaban tocando a embarcación. Foi impresionante, daba moito medo. Fomos desafortunados e afortunados á vez porque foi só o temón. Esperamos que o barco se arranxe pronto. Foi unha noite de moito medo pero estamos ben. 

É probable que os animais sexan os mesmos que hai unha semana atacaron o Sabre 2, de bandeira eslovaca, a nove millas ao sur de Fisterra, unha embarcación que tamén agarda no porto de Muros a ser reparada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar