Publicador de contidos

Publicador de contidos

As bolsas pechan cun forte rebote á espera de coñecer as sancións a Rusia

As bolsas pechan cun forte rebote á espera de coñecer as sancións a Rusia

O Ibex35 gañou un 3,51 %, ata os 8.486 puntos, nunha semana na que perdeu un 1,20 % do seu valor

Practicamente todos os parqués europeos subiron con forza tras as grandes perdas do xoves

O Ibex35 gañou este venres un 3,51 % O Ibex35 gañou este venres un 3,51 %
G24.gal 25/02/2022 17:43

A Bolsa española rexistrou este venres a maior suba desde novembro de 2020, o 3,51 %, e aproximouse a 8.500 puntos. Tras as fortes perdas do xoves, neste venres viuse impulsada polo avance das prazas europeas e neoiorquina a pesar da situación en Ucraína.

Con todo, o selectivo español, acumula unhas perdas nesta semana do 1,20 %.

O mercado español aproveitouse da suba superior ao 3 % das prazas europeas e da alza próxima ao 2 % de  Wall Street esta tarde no inicio da súa sesión, así como da depreciación do barril de petróleo Brent, que cedía o 1,9 % e cambiábase a 97,2 dólares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade