Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		"As bestas", o mellor filme nos Premios Forqué
Nas series, premios para Apagón e Rapa, de creación galega
                            G24.gal
                        
                            18/12/2022 13:54
                        
                        
                                Última actualización 18/12/2022 14:01
                        
                        
                    
                    As bestas aumenta a súa condición de favorita para os Premios Goya logo de acadar dous galardóns nos Premios Forqué que entregan os produtores do cine español.
O equipo de As Bestas, dirxida por Rodigo Sorogoyen, recolleu o premio ao mellor filme. Tamén recibiu o da mellor interpretación masculina protagonista para o actor francés Denis Ménochet.
Cinco Lobitos, de Alauda Ruíz de Azúa, acadou dous galardóns: o premio ao cine e educación en valores e á mellor interpretación feminina protagonista para Laia Costa.
No apartado de series recolleu premio Apagón, coordinada polo vigués Fran Araujo, e Mónica López, á mellor actriz protagonista en Rapa, serie do lucense Jorge Coira.