Ás beiras dos camiños de Santiago afloran novos aloxamentos que buscan diferenciarse
O último en inaugurarse é un grupo de cabanas en plena natureza en Mos
Os peregrinos que fagan o Camiño Portugués e busquen un aloxamento diferente aos albergues poden encontralo ao seu paso por Mos.
Son estas casiñas chamadas Xanelas do Monte, unha oferta pioneira que combina turismo rural e gastronomía.
Teñen cadanseu nome: hortensia, xasmín, chorima e glicinia. As flores da zona dan nome a estas catro cabanas. Aloxamentos que xurdiron para dar resposta a un novo tipo de turismo que deixou a pandemia. O de persoas que buscan tranquilidade e contacto coa natureza.
O obxectivo do empresario é que as cabanas sexan un complemento aos servizos que ofrece no seu restaurante, pero tamén que se convertan nunha alternativa para peregrinos e outros turistas.
Perfectamente equipadas e con capacidade para dúas persoas acaban de ser inauguradas. Os seus primeiros hóspedes chegarán esta mesma Semana Santa.