Publicador de contidos

As autoridades falan dunha certa estabilización no volcán da Palma

As autoridades falan dunha certa estabilización no volcán da Palma

A lava discorre inicialmente por un tubo volcánico

O único sector que recupera certa normalidade na Palma é o turístico

directo
G24.gal 06/11/2021 14:14

Logo de 49 días da erupción, o volcán da Palma segue este sábado en plena actividade, aínda que agora sexa moi difícil ver algo claro arredor do cono principal. Os vulcanólogos do CSIC din que a lava segue saíndo, pero durante os primeiros 500 metros discorre por un tubo volcánico.

A diminución dos sismos e das cantidades de dióxido de xofre permiten que as autoridades da illa falen dunha certa estabilización. 

As coadas xa arrasaron case mil hectáreas

As coadas, que xa arrrasaron máis de 990 hectáreas e case 2.600 edificacións da illa, avanzan agora de xeito moi lento, pero igualmente destrutivo

O sector turístico recupera unha certa normalidade 

Os agricultores tratan de salvar o que poden, entre outras cousas comercializando plátanos cunha marca especial. Polo de agora, o único sector que recupera unha certa normalidade é o turístico, con actividades vinculadas á erupción volcánica.

Na illa mellorou a calidade do aire, mentres os científicos reiteran que a fin da erupción pode estar lonxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade