Publicador de contidos

Publicador de contidos

As Aulas Nómades da FP xa están en funcionamento

As Aulas Nómades da FP xa están en funcionamento

A Xunta pon a andar esta experiencia piloto para reforzar os ciclos básicos de FP en zonas rurais

Durante este curso están instaladas nos institutos da Laracha e de Ames a xeito experimental

As dúas están impartindo a FP básica de Imaxe Persoal
 

As Aulas Nómades foron acondicionadas por alumnos de FP de Lugo
G24.gal 11/09/2025 14:34

Dous institutos, de Ames e da Laracha, estrean este curso as Aulas Nómades, un programa experimental e innovador para mellorar a oferta formativa básica no rural. Ata non hai moito, neste instituto de Ames tiñan 200 alumnos. Agora hai 870 matriculados 

"Non nos quedaban xa aulas dentro do centro, por iso tivemos que recorrer a que nos fixeran algo para poder impartila", conta Marisol Louro Lestón, directora do IES Plurilingüe de Ames.

Imaxe Persoal, eses son os estudos cos que se estrean estas aulas nómades

"Son nómades porque permitirá que no seu momento poidan trasladarse a outro centro educativo, se ese é o caso, para que tamén nós teñamos a mesma oferta de xeito continuado e que poida haber unha oferta variada", explica María Eugenia Pérez Fernández, directora xeral de Formación Profesional.

A incorporación deste ciclo permítelle á rapazada da contorna estudar o que queren sen ter que trasladarse

"O máis próximo que terían é no IES de Lamas de Abade o que pasa é que un ciclo básico de Peiteado e Estética sempre está cuberto, entón pois ofrécelle a posibilidade de ter máis opcións e eles veñen aquí felices porque moitos son da contorna e non ter que desprazarse a Santiago é moito mellor", di Adriana Quintela, titora de Peiteado e Estética.

"Chamoume moito a atención de que o tivese preto, vin, apunteime e estou contentísimo", apunta Oscar Javier Vidal, alumno de Primeiro de Imaxe Persoal.

O deseño, acondicionamento e a instalación de fontanería, electricidade e climatización da aula realizounos o alumnado dun centro de FP de Lugo.

"Ven que as súas prácticas e a elaboración do seu traballo pois ten un froito", sinala Expósito López, director do C.I.F.P. As Mercedes de Lugo.

Esta aula non ten nada que envexarlle a outras.

"Total e absolutamente confortable, e mesmo podemos dicir mellor que en moitas delas porque temos todo o preciso e necesario e, de feito, está feito xa polos propios alumnos de FP, e iso é a que máis a enriquece, que é de FP para FP", conclúe a titora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar