Cargando resultados...
Identificado un menor no Carballiño por causar danos por 15.000 euros a través de pintadas
A Garda Civil atribúelle unha trintena de pintadas realizadas en casas, bens públicos e ata en vagóns de tren
G24.gal
13/03/2026 10:44
A Garda Civil do Carballiño (Ourense) identificou un menor de idade como presunto autor dun delito de danos, por realizar ata unha trintena de pintadas en bens públicos e privados, como mobiliario urbano, muros, e mesmo vagóns de tren.
O autor dos grafitis asinaba como Cypres e Kero.
Deron con el no marco da chamada operación Orient-Ou. Segundo o Instituto Armado, a reparación destes danos ten un custo estimado duns 15.000 euros.