Publicador de contidos

Publicador de contidos

As asembleas dos letrados xudiciais someterán a votación a proposta do Executivo este luns

As asembleas dos letrados xudiciais someterán a votación a proposta do Executivo este luns

O Comité de Folga e o Ministerio de Xustiza manterán unha nova reunión o vindeiro martes

O colectivo de avogados ve con "esperanza" o principio de acordo porque foron "dous meses duros"

G24.gal 25/03/2023 14:01 Última actualización 25/03/2023 14:17

Os letrados de Xustiza, tras dous meses en folga, parece que achegan posturas co Goberno. Os letrados estudan agora a proposta do Goberno, unha proposta da que non trascenderon aínda os detalles, pero nela non se recollen algunhas das súas reivindicacións, tal e como confirmaba esta mañá nunha entrevista na Radio Galega o voceiro do comité de folga.

"Evidentemente, se o acordo completase exactamente o que se pedía no inicio da folga, pois non sería necesario nin a consulta (nas asembleas), iso é evidente", di Juan José Yáñez, voceiro do comité de folga.

Entre as reivindicacións que manteñen está unha cláusula de enganche á lei de retribucións de xuíces e fiscais para non cobrar menos do 85 % respecto a estes operadores da xustiza. 

As asembleas provinciais de letrados votarán este luns a proposta do Goberno.

"Eles decidirán eu aquí non quero anticipar, teño que destacar que o noso movemento foi sempre moi moi horizontal. Eles decidirán, nós estaremos explicando como foi ese proceso e con todo detalle", incide Juan José Yáñez.

O colectivo de avogados ve con "esperanza" o principio de acordo, que de ratificarse poría fin a unha folga que dura xa dous meses e que provocou a suspensión de máis de 360.000 xuízos en toda España e uns 10.000 en Galicia.

"Estamos esperanzados con que finalmente o martes poida culminar a negociación e haxa esa firma porque foron meses moi duros", destaca Lourdes Carballo, presidenta do Consello Galego de Avogacía.

Tras a votación nas Asembleas, o Comité de Folga e o Ministerio de Xustiza manterán unha nova reunión o vindeiro martes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade