Cargando resultados...
As ANPA de varios colexios vigueses maniféstanse para denunciar falta de limpeza nos centros
Piden máis persoal á concesionaria municipal encargada deste labor
G24.gal
08/05/2024 14:52
A federación que reúne as ANPA de Vigo denuncia sucidade nos colexios e pide máis persoal á concesionaria municipal encargada deste labor.
Esta mañá levaron a súa protesta ás rúas. Pais e nais dos centros de educación infantil e primaria do Pombal e Eduardo Pombal cortaron a Travesía de Vigo para pedir unha solución inmediata á falta de limpeza nos colexios.