Publicador de contidos

Publicador de contidos

As academias afrontan un ano cargado de oposicións

As academias afrontan un ano cargado de oposicións

Só a Consellería de Educación oferta máis de 2.600 prazas

Os procesos selectivos disparan o número de alumnos

G24.gal 17/01/2022 20:29

Máis de 2.600 prazas nas distintas ramas de educación vanse sacar a concurso en xuño deste ano, o cal supón un récord de oferta en Galicia.

Ademais, hai previstas 5.300 prazas na empresa pública Correos e case outras tantas noutros organismos do estado. E poderían saír tamén as bases para novos procesos selectivos no Sergas e na Xunta. Por iso, as academias xa se preparan para recibir un aluvión de alumnos ao longo do ano.

Aulas virtuais, capacidades reducidas, pasaportes COVID... son algunhas das modificacións que a pandemia trouxo ao sector da formación de opositores.

As modificacións vanse estender tamén aos propios exames. Máis aló desas condicións, nas academias din que hai que estar sempre preparados porque nunca se sabe cando pode convocarse ou cancelarse unha oposición.

Os formadores sinalan que a comezos de ano hai moita xente que se inscribe para opositar pero que abandona segundo pasan os meses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade