Cargando resultados...
Arteaga: "Cando fomos capaces de xogar coa cabeza fría, crecemos no partido"
Arteaga: "Cando fomos capaces de xogar coa cabeza fría, crecemos no partido"
Ledicia no cadro breoganista tras a segunda vitoria da temporada
![](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2022/20221002/arteaga.jpg)
G24.gal
02/10/2022 15:50
Costou ferro e fariña sumar o segundo triunfo da temporada, pero o efecto Pazo funcionou e permitiu ao conxunto lucense manter a imbatividade nesta temporada da Liga ACB.
Tras o encontro, Vítor Arteaga conversou co Galicia en goles
"Primeiro partido na casa, cunha vitoria é moita ledicia. Fuenlabrada ten un bo equipo e empurran sempre. Tivemos un baixón pero recuperamos e foi o importante. Todos achegamos, os do banco e os titulares. Ás veces temos erros que non benefician, pero estivemos fortes. Coa cabeza fría comezamos a crecer. Son dúas de dúas e queremos seguir con esta xeira de vitorias"