Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arrinca o primeiro curso con aulas mixtas no Seminario Menor de Ourense

Arrinca o primeiro curso con aulas mixtas no Seminario Menor de Ourense

Doce rapazas estudan este ano no Seminario Menor de Ourense

É a primeira vez que admiten mulleres na matrícula, e a experiencia, como esperaban, está a ser un éxito 

G24.gal 16/09/2024 14:01

Paula é a máis noviña das alumnas do Seminario. Tamén, a única muller da súa aula, en primeiro da ESO. Recoñece que empezou nerviosa, pero xa está superado.

"Gústame moito. Eu pensei que ía ser un cárcere ou algo así, pero mola moito", di Paula, de primeiro da ESO.

A Ana, nacida no Perú, animouna a súa nai, que coñecía o proxecto educativo do Seminario. Foi a primeira en matricularse, a primeira matrícula feminina dunha institución cun século de historia.

 "Nótase que os profesores ensinan ben e teñen unha educación personalizada", asegura Ana.

A educación personalizada é a carta de presentación do Seminario. Poucos alumnos por aula e un seguimento individual.

Segundo Fernández Movilla, director do colexio do Seminario Menor: "Que quero facer eu coa miña vida. Tratamos de que coñezan cales son as súas calidades e que vexan como desenvolvelas no futuro".

Levan uns días de clase, pero xa se empeza a ver complicidade entre elas. Cos nenos, en plena adolescencia, cústalles un pouco máis.

9 % da matrícula

Queda todo un curso por diante e confían en que para o próximo as mulleres superen ese 9 % da matrícula que representan actualmente.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade