Arrestan en Paquistán un suposto traficante de persoas relacionado co naufraxio de Grecia

As autoridades de Paquistán arrestaron este luns un presunto traficante de persoas vencellado co naufraxio dun barco con inmigrantes fronte á costa de Grecia.
A Axencia Federal de Investigación de Paquistán acusa o arrestado de recibir máis de 8.000 dólares para enviar de forma ilegal unha das vítimas do accidente a Europa.
As autoridades paquistanís anunciaron ademais que estaban a realizar máis redadas para atrapar outros sospeitosos.
Co este arresto, as autoridades de Paquistán detiveron polo menos quince presuntos traficantes de persoas nos últimos días, segundo informaron medios locais paquistanís.
Na embarcación de 30 metros de eslora que se afundiu o mércores pasado no mar Mediterráneo poderían viaxar entre 500 e 700 inmigrantes, entre eles moitas mulleres e nenos, informaron medios gregos. 78 faleceron, 104 sobreviviron e máis de 500 danse por desaparecidos.
Os equipos de rescate din que a estas alturas non hai esperanzas de atopar a ninguén con vida.