A oposición para persoal coidador e subalterno reúne 5.600 aspirantes
Silleda acolle as probas para acceder a unhas das 85 prazas destas dúas categorías convocadas pola Xunta
Este sábado presentáronse máis de 800 candidatos a 60 postos para técnico ou auxiliar de cociña
Fin de semana de oposicións no recinto feiral de Silleda. O sábado máis de 800 persoas participaron no proceso selectivo convocado pola administración galega para cubrir 15 prazas de técnico de cociña e 45 de auxiliar de cociña.
E este domingo, o recinto recibe case 3.700 aspirantes a 35 postos de persoal subalterno e preto de 1.900 candidatos a 50 prazas de auxiliar coidador/a.
"Isto non é máis que unha parte de todo o proceso selectivo que estamos a facer nesta lexislatura co obxectivo de convocar polo menos 4.000 prazas para renovar o persoal dos servizos públicos autonómicos", puntualizaba o conselleiro de Facenda e Administración Pública.
Entre os concursantes, nervios pero tamén esperanzas.
"Bastante nerviosa pero eu creo que bastante ben", dicía unha aspirante.
"É unha oposición e gañan os máis preparados, pero non me pareceu un exame difícil", engadía outra.
"Non foi tan mal, igual rascamos algo", vaticinaba unha terceira candidata.
O conselleiro de Facenda e Administración Pública recordou que o ano pasado sacaron a concurso 1.267 prazas e subliñou que no primeiro semestre deste ano convocaron 19 procesos selectivos para 867 postos.