Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arranca o Entroido en Verín co Xoves de Compadres

Arranca o Entroido en Verín co Xoves de Compadres

G24.gal 10/02/2023 09:49 Última actualización 10/02/2023 10:18

Esta noite foi de festa en Verín. Arrancou oficialmente o Entroido, co Xoves de Compadres. E foi ademais o primeiro sen restrición ningunha pola pandemia. Recuperou toda a intensidade. 

Comezaba coas cuadrillas enchendo bares e restaurantes. E despois os compadres saíron á rúa. na primeira noite de mascarada colectiva.  Comezou a música.  E o tradicional desfile detrás do maragato, a figura principal do Xoves de Compadres.  Na praza García Barbón leuse o pregón.

E alí xulgaron tamén o maragato, que rematou sentenciado e queimado.

A noite prolongouse, e de feito moitos veciños fixeron ponte e hoxe non van traballar. Agardan xa polos cigarróns do Domingo Corredoiro.

E non só houbo festa esta noite en Verín. Tamén outras localidades, como Viana, viviron o comezo do Entroido co seu Xoves de Compadres. 

Foi a primeira noite de moitas de festa. Comeza o Entroido ourensán, o de sempre. Agora si, con toda a esencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar