Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arranca este venres o Outono Gastronómico, con boas ofertas de aloxamento e xantar en casas rurais

Arranca este venres o Outono Gastronómico, con boas ofertas de aloxamento e xantar en casas rurais

75 establecementos adhírense ao programa que se alonga ata o 15 de decembro

Os prezos son iguais para todos os hoteis e van dende 37,5 euros un menú ata 360 euros unha fin de semana para toda a familia

G24.gal 13/09/2024 21:14 Última actualización 13/09/2024 21:28

Unha campaña de promoción dos aloxamentos rurais en tempada baixa estará aberta ata o 15 de decembro. Leva 18 anos xa en funcionamento.

75 establecementos participan na edición deste ano. Algúns por primeira vez e outros son repetidores.

A iniciativa pretende promover o turismo no rural galego e sobre todo a súa rica gastronomía, centrada nos produtos do outono.

Os prezos son iguais para todos, con paquetes moi interesantes, como a estancia dunha noite en cuarto dobre con xantar ou cea por 165 euros.

Hai tamén o programa Outono Plus, que inclúe actividades relacionadas coa contorna de cada hospedaxe.

A provincia da Coruña é a que conta con máis establecementos participantes no programa, con 24. Séguea Lugo con 23 e Pontevedra e Ourense con 14 cada unha. A gastronomía é o principal reclamo. Dous menús dispoñibles, sempre con produtos locais e de tempada. 

Os prezos son taxados para todos os aloxamentos, van desde os 37,5 euros un menú simple ata os 360 dunha fin de semana para toda a familia. A maiores, 31 hospedaxes ofertan o Outono Plus, que inclúe actividades de todo tipo.

O programa mantense despois de 18 anos. Un tempo en que medrou o turismo rural con máis de cen mil hóspedes ata xullo deste ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade