Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arranca a construción da fábrica de carbón vexetal de Xeal en Dumbría

Arranca a construción da fábrica de carbón vexetal de Xeal en Dumbría

Busca reducir ata un 40 % do carbón fósil utilizado nas ferroaliaxes cun investimento de máis de 25 millóns

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda; o secretario de Estado de Industria, Jordi García Brustrenga; o embaixador da República Checa en España, Libor Secka; a CEO de XEAL, María Couto; o CEO de Energo Pro, Jakub Fajfr, e o delegado do Goberno, Pedro Blanco (EFE/Lavandeira jr)
G24.gal 14/01/2026 14:42

A multinacional Xeal, a antiga Ferroatlántica, arranca nas súas instalacións de Dumbría a construción dunha planta de carbón vexetal, que lle axudará a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro na produción de ferroaliaxes. A empresa, que este mércores organizou un acto simbólico de colocación da primeira pedra, prevé que esta fábrica estea rematada no mes de xuño.

No canto dunha primeira pedra, Xeal amosou un panel coas pegadas dos seus traballadores máis veteranos, que se colocará fábrica que están a construír e que producirá cada ano ata 14.000 toneladas de carbón vexetal, coa que empresa dá un paso importante para a descarbonización nos seus 120 anos de historia na Costa da Morte. A CEO da empresa, María Couto, explicou que a nova fábrica permitiralles reducir 50.000 toneladas de emisións de CO2 cada ano ao substituír entre un 15 % e un 40 % do carbón fósil por vexetal.

Ao acto de presentación do proxecto asistiron o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario de Estado de Industria, Jordi García, entre outras autoridades. Jordi García anunciou que nas próximas semanas van publicar unha nova convocartoria do PERTE de descarbonización con 330 millóns e animou as empresas galegas a presentarse; Alfonso Rueda saúda este anuncio, pero lembra que o límite para investir os fondos de recuperación é a mediados de ano.

"Se se amplían os prazos, en Galicia hai proxectos que os poden aproveitar, senón será imposible. Agardo que este anuncio, veña acompañado dunha ampliación de prazos, porque se volve demostrar que as cousas se podían facer moito mellor", afirmou Rueda, que volveu criticar a xestión que fixo o Goberno dos fondos europeos de recuperación.

A nova fábrica de carbón vexetal, declarada Proxecto Industrial Estratéxico pola Xunta, ten un orzamento de máis de 28 millóns de euros, dos que 8,7 proceden dos PERTE de descarbonización. Emprega 60 persoas na fase de construción e 40 cando estea en funcionamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade