Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arranca na CSAG a canle FAST especial da eclipse coas xornadas 'New Frontiers in Cosmology' da UDC

Arranca na CSAG a canle FAST especial da eclipse coas xornadas 'New Frontiers in Cosmology' da UDC

Esta nova canle dixital ofrecerá unha programación especial con directos, entrevistas, divulgación científica, reportaxes, documentais e ficción arredor da astronomía e da exploración espacial

A proposta multicámara permitirá escoller en tempo real entre varios sinais do despregamento da CSAG

Sigue EN DIRECTO as xornadas na CANLE FAST

G24.gal 07/08/2026 19:48 Última actualización 10/08/2026 14:48

A Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia ofrecerá, a través de AGalega.gal e YouTube, unha canle FAST especial dedicada á eclipse total de Sol, que emitirá de maneira ininterrompida durante 72 horas, desde o luns 10 ata o mércores 12 de agosto.

Esta nova canle dixital ofrecerá unha programación pensada especificamente para este acontecemento, con directos, entrevistas, divulgación científica, reportaxes, videopódcast, documentais e ficción arredor da astronomía e da exploración espacial.

Un dos seus grandes contidos será a retransmisión en exclusiva das xornadas internacionais 'New Frontiers in Cosmology', que reunirán na Coruña especialistas de prestixio internacional.

Durante os días 10 e 11 de agosto, a audiencia poderá seguir as sesións científicas e tamén unha cobertura propia desde o Reitorado da Universidade da Coruña, con entrevistas, conexións en directo e pezas divulgativas que achegarán os principais contidos do encontro ao público xeral. A programación incluirá tamén entrevistas e conversas con voces destacadas da ciencia e da divulgación.

María Solar falará con Jorge Mira, Minia Manteiga, Olalla López Costas e Xabier Pérez Couto sobre a observación segura da eclipse, a súa historia e a súa relevancia científica.

A oferta completarase con entrevistas a Óscar Blanco, Xosé Anxo Docobo e Igor Piñeiro, ademais dos videopódcast As eclipses na historia do cine, con Moncho Lemos, e Lambóns de viaxe, con Carlos García-Verdugo.

O día 12, desde AGalega.gal, poderase acceder tamén a unha experiencia específica para seguir a eclipse desde diferentes puntos de Galicia. A proposta multicámara permitirá escoller en tempo real entre varios sinais do despregamento da CSAG.

A plataforma permitirá ademais descargar secuencias en formato time-lapse xeradas a partir das distintas cámaras e compartilas nas redes sociais.

'New Frontiers in Cosmology'

O congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology' reúne na Coruña, ata o 14 de agosto, a máis de 250 investigadores de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina, coincidindo coa eclipse de Sol total.Este encontro está organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley (California), a Fundación Simons e a Universidade da Coruña (UDC).

O reitor da UDC, Ricardo Cao, lembrou, na inauguración este luns, o momento relevante que está a vivir a cosmología, na que, grazas ás altas capacidades de observación, os grandes volumes de datos e as técnicas computacionais, están a exporse novas preguntas sobre o universo.

"Na Universidade sentimos unha conexión especial con ese espírito de investigación interdisciplinar", sinalou, á vez que puxo o foco sobre a profesora da UDC Minia Manteiga, unha das relatoras, quen "foi durante moito tempo unha figura salientable da astronomía española e a súa presenza reflicte o firme compromiso desta universidade coa excelencia científica, que se estende tamén a áreas emerxentes como a intelixencia artificial e a ciencia de datos".

Manteiga, codirectora do congreso, expuxo que esta cita vívese durante a semana da eclipse total, unha ocasión para conectar coa natureza e observar os cambios que este fenómeno produce na contorna.

O programa do congreso inclúe catro xornadas de actividade científica, con sesións dedicadas a diferentes áreas da investigación do universo, presentacións de traballos, sesións de pósteres e mesas de debate.

Unha das participacións salientables é a de Uroš Seljak, profesor de Física e Astronomía na Universidade de Berkeley e codirector do Berkeley Center for Cosmological Physics, pioneiro no estudo do fondo cósmico de microondas e a estrutura a gran escala do universo.

O congreso contará tamén con Priyamvada Natarajan, profesora de Astronomía e Física na Universidade de Yale, recoñecida internacionalmente polos seus traballos sobre materia escura, lentes gravitacionais e formación dos primeiros buracos negros supermasivos.

Ademais deste congreso, o CITIC acolle durante toda a semana a Third Solar MHD Conference, un encontro centrado na física solar que abordará temas avanzados como as observacións de eclipses e coronais, o uso da aprendizaxe automática e big data en física solar ou os modelos de plasma multifluido. E

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade