Arenteiro e Pontevedra golpearon contra o ferro no derbi (0-0)
Martín Ochoa e Dani Selma tiveron as mellores opcións de gol
O derbi do Espiñedo terminou sen goles. Logo dun primeiro tempo sen ocasións, o Arenteiro e o Pontevedra tiveron opcións nun segundo tempo no que o sol dificultou as revisións do árbitro. Catro solicitudes sen resultado que levaron o partido ata o minuto 115. As mellores oportunidades foron estragadas polo ferro, unha en cada portería. Martín Ochoa aproveitou unha mala saída de Marqueta para facer un disparo que levou o balón ao traveseiro no minuto 63. A resposta do conxunto granate chegou no 81 tras unha boa xogada de Víctor Eimil que rematou Dani Selma. A acción atopou a boa resposta de Diego García, quen desviou o xusto para que o coiro topase co pau. Tamén respondeu á pérfección Marqueta na última ocasión do encontro. O gardameta visitante despexou un bó disparo de Álvaro Bastida para evitar que se movese o marcador. O Pontevedra queda con doce puntos na zona media da táboa. O Arenteiro suma dez e segue preto dos postos de descenso.