Cargando resultados...
Arden polo menos catro camións do lixo fóra da nave de Prezero, na Coruña
Outros dous estarían afectados tamén polas lapas
G24.gal
02/09/2024 16:57
Última actualización 02/09/2024 17:34
Un incendio no exterior da nave de Prezero calcina polo menos catro camións do lixo. Outros que están aparcados á beira poderían estar tamén afectados.
Un particular alertou dos feitos ao 112 sobre as catro e cuarto da tarde. Falaba de catro camións ardendo na rúa de Severo Ochoa.
Na zona traballan nestes momentos os bombeiros da Coruña, a Policía Local e Protección Civil, entre outros efectivos.
Polo de agora non hai constancia de danos persoais.