Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arde unha vivenda acabada de rehabilitar en Celanova

Arde unha vivenda acabada de rehabilitar en Celanova

Bombeiros e propietarios evitaron que as lapas chegasen a outras casas

Os danos materiais foron moi elevados

G24.gal 30/11/2021 12:33

Un fallo na cheminea semella ser a causa do incendio que arrasou unha vivenda acabada de rehabilitar en Ansemil, Celanova. As lapas comezaron na cociña cando os donos ían xantar. Puideron saír da casa e dar aviso aos familiares que, á súa vez, alertaron os bombeiros. Malia as dificultades de acceso, en menos de dez minutos, os equipos de extinción estaban no lugar, pero só puideron evitar que o incendio fose a máis. 

As lapas prenderon con facilidade nas vigas e o chan de madeira, así como nos electrodomésticos e o resto do mobiliario. En poucos minutos, parte do tellado derrubouse e tamén o sollado do primeiro andar. Por sorte, non houbo que lamentar danos persoais e mesmo os animais que había na vivenda puideron ser rescatados polos bombeiros.

A casa acabárase de rehabilitar hai dúas semanas e a familia tiña intención de pasar nela o Nadal. Malia o acontecido, agora xa pensan en arranxala canto antes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar