Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arde unha nave de produtos cosméticos en Bergondo

Arde unha nave de produtos cosméticos en Bergondo

Ás 7:43 da mañá deste sábado quedaba o lume controlado

O teito das instalacións colapsou por mor do lume

G24.gal 09/08/2025 11:08

Ás 7:43 desta mañá quedaba controlado o incendio nunha nave de produtos cosméticos de Bergondo, segundo informaban os bombeiros da Coruña, na súa rede social X @bombeiroscoruna.

O lume declarouse de madrugada. O 112 Galicia, que informa deste suceso, recibiu o aviso ás 03:40 horas, cando o vixiante de seguridade do polígono contactou co número único de emerxencias para informar de que a nave estaba a arder.

Os equipos de emerxencia traballaron arreo este sábado de madrugada  e lograron controlar o lume xa preto das oito mañá. Malia ao intenso traballo, o teito das instalacións colapsou por mor do lume. Os equipos de emerxencia continúan traballando para a súa completa extinción.

Interviñeron os bombeiros de Betanzos, que ao chegar ao lugar pediron apoio, polo que se sumaron ás tarefas de extinción efectivos dos parques de Arteixo e A Coruña.

Ademais, foron informados os axentes da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil da zona.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade