Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arde unha nave de pinturas e vernices en Vigo

Arde unha nave de pinturas e vernices en Vigo

Segundo os bombeiros, o lume orixinouse na área de mestura

G24.gal 22/05/2023 11:18

Os bombeiros de Vigo sufocan un incendio nunha empresa de pinturas e vernices en que non quedou ferida ningunha persoa. A empresa afectada está na avenida Ricardo Mella, no barrio de Coruxo, e, segundo os bombeiros, o lume iniciouse na área de mestura, onde había restos de pintura, e arderon unha especie de oficina, madeira e mobles.

Foron varios os particulares que advertiron do incendio ao 112 Galicia, informando de que vían saír fume dalgún edificio e que escoitaban explosións, aínda que non podían saber que ardía. Os xestores do 112 puxeron en coñecemento dos bombeiros de Vigo os feitos, e estes comprobaron que se trataba dun incendio nun edificio situado moi preto dun dos parques.

Tamén se mobilizou o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por se nalgún momento fose necesaria a súa intervención. Afortunadamente, e ao tratarse dunha empresa sen actividade, non houbo que lamentar danos persoais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade