Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arde unha nave abandonada no barrio coruñés das Xuvias

Arde unha nave abandonada no barrio coruñés das Xuvias

A veciñanza alertou dun forte estoupido antes da chegada dos bombeiros

No interior do edificio había unha enorme cantidade de lixo amoreado

G24.gal 02/05/2022 14:36

Contra as nove da noite, os bombeiros da Coruña recibiron o aviso de que estaba a arder unha vivenda, pero o incendio comezara realmente nunha nave abandonada da zona das Xuvias, ao pé do hospital maternoinfantil Teresa Herrera. 

A columna de fume era perfectamente visible dende Santa Cristina, do outro lado da ría, e 9.000 litros de auga non foron abondo para sufocar as lapas. Os bombeiros tiveron que empregar tamén escuma química para evitar que o lume prendera de novo.

As testemuñas din que sentiron tamén un forte estourido. No edificio había unha enorme cantidade de lixo que se foi amoreando de maneira irregular nos últimos anos e entre os residuos podía haber botes de pintura ou aerosois que rebentaron por mor da intensa carga de calor.

Aínda se descoñece a causa concreta do incendio. Afortunadamente, non se rexistraron máis que danos materiais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade