Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arde un edificio na zona vella de Ourense sen causar danos persoais

Arde un edificio na zona vella de Ourense sen causar danos persoais

Os bombeiros non toparon persoas no interior, pero salvaron un can das lapas

A veciñanza asegura que o inmoble leva tempo ocupado

G24.gal 17/09/2022 18:12 Última actualización 17/09/2022 18:52

Susto este mediodía en Ourense. A intensa fumareda que saía dun edificio da zona vella alertou a veciñanza con medo de que as lapas puidesen propagarse polas casas lindeiras. Os bombeiros actuaron rápido.

Non había persoas no interior, pero atoparon un can ao que lograron sacar das lapas san e salvo. No barrio aseguran que o edificio leva tempo ocupado e que prenden lume dentro de xeito habitual. Xa presentaron numerosas denuncias no Concello.

Polo momento, descoñécense as causas do incendio. Axentes da Policía local tapiou este sábado as portas e ventás para evitar que volvan ocupar o inmoble de xeito ilegal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade