Cargando resultados...
Arde un camión na AP-9 á altura do concello de Mos
Houbo un importante dispositivo dos servizos de emerxencias para sufocar as lapas
G24.gal
14/11/2025 18:17
Última actualización 14/11/2025 21:02
Por causas que se descoñecen o camión comezou a arder mentres circulaba pola autoestrada do Atlántico, a AP-9, á altura de Rebullón, no concello de Mos. Foi no quilómetro 164 en dirección Vigo. Non suceso non houbo feridos.
Ata o lugar desprazáronse numeros medios de emerxencia. Nun primeiro momento as lapas obrigaron a cortar a circulación. Despois só quedou cortado o carril onde estaba o camión e habilitouse o outro para a circulación.