Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arde un camión do lixo na Coruña no terceiro dia de conflito

Arde un camión do lixo na Coruña no terceiro dia de conflito

A policía investiga as sabotaxes aos camións de recollida do lixo

Un camión ardeu esta mañá en Feáns
G24.gal 25/02/2022 14:06

Na Coruña recrúa o conflito do lixo. Esta madrugada ardeu completamente un camión, no que podería ser unha nova sabotaxe contra os vehículos do servizo.

 A policía investiga xa tanto este incidente como as sabotaxes a máis dunha vintena de camións de recollida que apareceran coas rodas picadas.

Esta é xa a terceira noite de incidentes que vive a cidade. Unhas sabotaxes que coinciden coas negociacións salariais que entre os traballadores e as concesionarias dos servizo de recollida do lixo e de limpeza viaria. O comité de empresa nega calquera vinculación con estes actos vandálicos.

Mentres, os máis prexudicados son os veciños que ven como amencen todos os días co lixo amoreado nas rúas, xa que o Concello suspendeu a recollida nocturna por seguridade dos empregados. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade