Cargando resultados...
Arde por completo de madrugada un coche estacionado en Ribeira
O coche quedou totalmente calcinado, aínda que non houbo persoas afectadas

G24.gal
02/06/2025 10:48
Un vehículo estacionado en Ventín, na parroquia de Palmeira do municipio coruñés de Ribeira, ardeu durante a madrugada deste luns.
Segundo informa o Consorcio Contraincendios e de Salvamento da Coruña nun comunicado, os bombeiros do parque provincial de Ribeira acudiron ao lugar para apagar o lume.
O 112 avisou ás 4:47 horas deste suceso. O coche quedou totalmente calcinado, aínda que non houbo persoas afectadas. No operativo participaron Policía Nacional e Local de Ribeira.