Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arde a antiga nave de Pescanova en Vigo

Arde a antiga nave de Pescanova en Vigo

Os Bombeiros de Vigo apuntan a que o lume podería ser intencionado

Incendio na antiga nave de pescanova en Vigo
G24.gal 21/01/2023 22:01 Última actualización 21/01/2023 23:17

Un voraz incendio declarouse este sábado pola noite nunha nave da rúa Jacinto Benavente, situada fronte ao Auditorio Mar de Vigo, na vella fábrica de Pescanova, pechada na actualidade.

As lapas eran visibles desde o exterior. Ata o lugar desprazáronse os servizos de Emerxencia, coa Policía Local e Nacional e os Bombeiros que traballan para extinguir o incendio.

Os Bombeiros indicaron que tiveran constancia dun primeiro lume intencionado contra as 20:00 horas, polo que se trasladaron ata a nave e lograron sufocar as lapas. Unha hora e media máis tarde saltaron outra vez as alarmas tras iniciarse un segundo foco no mesmo lugar.

Os efectivos dos Bombeiros apuntan que o incendio puido ser causado polas persoas sen fogar que dormen no interior da nave abandonada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade