Publicador de contidos

Publicador de contidos

Apoio ao emprego manufactureiro a través dos proxectos industriais estratéxicos

Apoio ao emprego manufactureiro a través dos proxectos industriais estratéxicos

A Nova Planta de Pescanova e o último destes proxectos

Son 15 en total e moven 2.400 millóns de euros e sosteñen 4.400 empregos

 

G24.gal 24/07/2025 14:25

A Xunta aprobou esta semana a declaración de proxecto industrial estratéxico para a nova planta de Nuevava Pescanova. Este e outros 14 proxectos do estilo moven inxentes cantidades de diñeiro e sosteñen un total de 4.400 empregos.

Un dos primeiros proxectos que conseguir a declaración é a fábrica de metanol verde que se prevé instalar no complexo químico de Mugardos pola empresa Forestal do Atlántico.

"A declaración foi en outubro do 2022 e en outubro de 2024 xa rematáramos toda a tramitación, tanto a medioambiental como a licenza de obra e xa podemos empezar a construír", explica Alberto López Pampín, director financeiro da empresa Forestal do Atlántico.

O proxecto está agora en fase de licitación e, de cumprírense os prazos, estarían operando en 2028. Canda este, hai outros 14  proxectos recoñecidos ata o momento como estratéxicos a nivel industrial.

Este proxecto atópase agora en fase de licitación e operarían en 2028 segundo os prazos marcados.

Son un total de 15 proxectos xa recoñecidos que se están a declarar como proxectos industriais estratéxicos, segundo o secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez.

O primeiro trimestre do ano pechou con preto de 195.000 persoas ocupadas no sector da industria, cifra que é máis alta da serie histórica.

"O industrial é un emprego que se dedica a crear valor engadido, á innovación. Normalmente mellor remunerado e con oportunidades de carreira", di a profesora da USC María Bastida.

Entre os proxectos recoñecidos como estratéxicos, algúns moi discutidos pola oposición e colectivos cidadáns e ecoloxistas como o de Altri ou a mina de cobre de Touro. Bastida asegura que este tipo de apostas son o camiño para unha nova Galicia industrializada.

Nesta liña, López Pampín asegura que hai que intentar apoiar estes proxectos para seguir este novo camiño porque senón será imposible e non se debe dubidar. 

Esta planta de Nueva Pescanova construirase en Morás, Arteixo, e é o último dos proxectos declarados estratéxicos a nivel industrial, esta mesma semana.

 

 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar