A patronal do transporte critica que a plataforma convocadora do paro non estea na negociación
O presidente de APETAMCOR calcula que pagar máis de 1,30 euros por litro de carburante é inviable para as empresas
O presidente de APETAMCOR Jose Manuel Rodríguez denuncia que a plataforma de transportistas que convocou o paro non estea sentada na mesa de negociación co Goberno: "Imaxino que, se quen convoca a folga non está invitado, pois non sei quen a vai desconvocar".
Rodríguez avanzou que estudarán a proposta do Executivo para rebaixar o prezo dos carburantes que se aprobará o día 29, pero considera que o prazo é demasiado amplo e que as medidas deben ser inmediatas.
Sobre a rebaixa do combustible, que o Goberno non concretou en céntimos, Rodríguez calcula que un prezo superior a 1,30 euros sería inviable: "Se non se pon a 1,20 ou 1,30 e podemos negociar coas cargadoras, é inviable... Non sei que prezo sería viable, o resto eu teño que tratar de subírllelo ás cargadoras. Pero claro, se eu vou negociar cunha cargadora hoxe a 2 euros teño que cobrarlle o dobre o transporte e a cargadora probablemente me diga: pois eu vou ter que pechar".
O responsable de APETAMCOR condenou calquera acto violento que impida traballar aos transportistas que queren facelo. Lamenta que estes incidentes sexan habituais en calquera conflicto, pero engade: "Non sabemos se son compañeiros ou son infiltrados tentando rebentar o que hai aquí; ao mellor non son culpables os compañeiros".