Publicador de contidos

Publicador de contidos

Apatía do Celta para despedir a tempada con derrota

Apatía do Celta para despedir a tempada con derrota

Con goles de Maxi Gómez e Néstor Araújo en propia porta, os celestes caeron en Mestalla

Aspas non foi quen de marcar e compartirá o seu cuarto Trofeo Zarra con RDT

Nolito desaproveitou a ocasión máis clara para o empate no seu último partido no cadro vigués

G24.gal 21/05/2022 19:15

O Celta pechou a tempada 2021/2022 cunha derrota 2-0 no feudo dun Mestalla moito máis baleiro do habitual polas protestas dos seareiros criticando a xestión de Peter Lim. E fíxoo amosando falta de apetito, desgana, dun equipo que non se xogaba nada malia que Coudet quixera vender a importancia do partido na previa. Nolito puido empatar nunha ocasión clarísima o día da súa despedida, pero errou con Domenech no chan no único intre do partido no que os vigueses semellaban capaces de meterse no partido. 

Entrou mellor o Valencia no partido, no minuto 13 tivo na súa perna zurda a primeira ocasión do partido logo dun erro grave de Néstor Araújo. Posteriormente, Bryan Gil pediu penalti nunha acción con Galán pero o colexiado non o considerou. O cadro local dominaba o balón e as ocasións, e no minuto 28 adiantouse no marcador.

Balón longo a banda esquerda para Gayá, centro ao segundo pau onde Marcos André cede para o exceleste Maxi Gómez que co peito colocou o balón no fondo da rede. Co gol melloraron os de Coudet, con transición máis longas e combinacións frutíferas.

Nunha delas, Galhardo deixou en bandexa para o gol do empate-e da despedida- de Nolito, pero incomprensiblemente o gaditano non foi quen de evitar a un Jaume Domenech completamente superado, que rematou por salvar o gol coas pernas dende o chan. Ao bordo do descanso, Diakhaby nun saque dende o curruncho puido ampliar a vantaxe local.

A segunda metade foi un calco da primeira. Aos 15 minutos Néstor Araújo introduciu o balón na súa propia portería logo dun centro de Maxi. Moi desafortunado o encontro do central mexicano hoxe.

Así foi o gol de Néstor en propia porta

Tentou axitar a árbore Coudet cos cambios, Gabri Veiga, Orbelín... pero en ningún momento atopou o Celta o ritmo de xogo necesario para poñer en problemas o Valencia, que tería ocasións para ampliar a vantaxe nos últimos minutos.

Ao final, 2-0 e fin a un partido con recendo á despedida de moitos futbolistas do cadro vigués 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar