Aparece o veciño de Marín que se perdera no monte do Seixo
O home saíra pasear e desorientouse no camiño de regreso a casa
Á media mañá, despois dunha noite de angustia, a súa familia recibía con alivio a noticia da súa aparición.
A un voluntario de Protección Civil chamoulle a atención ver unha persoa deitada na beiravía e parou o seu coche. Axiña se decatou de que se trataba do home de 77 anos que estiveran buscando toda a noite.
O home saíra pasear desde a súa casa, en Seixo, ata o cemiterio. Pero no camiño de volta perdeuse no monte. A derradeira comunicación coa familia fora de madrugada, pero era incapaz de precisar o lugar en que se atopaba. Finalmente, percorreu uns seis quilómetros.
Na súa busca participaron equipos de Protección Civil e da Policía Local, ademais de patrullas e un helicóptero da Policía Nacional.