Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres 'narcolanchas' aparecen abandonadas nas praias de Ribeira

Tres 'narcolanchas' aparecen abandonadas nas praias de Ribeira

Televisión de Galicia puido confirmar que as embarcacións traían un importante alixo de cocaína e que a descarga se fixo esta madrugada

Só as dúas embarcacións máis grandes teñen capacidade para trasportar 6 toneladas de cocaína

G24.gal 22/02/2023 17:21 Última actualización 22/02/2023 21:32

Unha das narcolanchas apareceu varada e abandonada na praia do Vilar, en Corrubedo. Cunhas dimensións descomunais. Tres motores de cen cabalos cada un, máis de dez metros de eslora, e na proa alcanza a altura dunha persoa. Foi un particular o que a viu e avisou os servizos de emerxencia.

A outra narcolancha de grandes dimensións apareceu na praia de Espiñeirido. Hai unha terceira embarcación, de menor dimensión, que os axentes si que puideron retirar nun primeiro momento e agora permanece baixo custodia policial.


Queda moito por investigar pero as primeiras pescudas apuntan a que as narcolanchas foron abandonadas tras unha descarga de droga, parece seguro que foi cocaína e nunha gran cantidade, pero aínda por determinar. O que si transcendeu é que só as dúas embarcacións máis grandes terían espazo suficiente para transportar ata 6 toneladas de cocaína entre as dúas. 

Será a investigación agora o que o determine. As forzas de seguridade buscaron pistas durante toda a xornada, con ducias de espectadores. Foron moitos os curiosos que durante toda a xornada achegáronse á praia para ver de preto as narcolanchas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade