Cargando resultados...
Aparece tirada nunha leira de Castro de Rei unha muller que faltaba da casa desde este luns
A muller caeu e non se daba posto en pé polos seus propios medios
G24.gal
07/07/2026 10:19
En Castro de Rei apareceu tirada nunha leira unha muller cuxa busca iniciou a familia onte á tardiña. Deron parte ao 112 contra as 18:30 despois de buscala durante horas.
O último que sabían era que a muller saíra do seu domicilio, no lugar de Mos, en Castro de Rei, para acudir a un supermercado, pero nunca chegou a ese establecemento.
Contra as seis desta madrugada, a familia volveu contactar co 112 Galicia para indicar que a muller aparecera tirada nunha leira. Segundo explicaron, non se daba posto en pé polos seus propios medios.
Malia ter que pasar boa parte da noite tirada na leira, rexeitou a asistencia médica porque se atopaba ben.