Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aparece o cadáver dun home no leito dun río en Fene

Aparece o cadáver dun home no leito dun río en Fene

O corpo estaba nunha zona moi estreita, o que obrigou a complicadas manobras para poder recuperalo

Investigan as causas do falecemento e a identidade desta persoa

EP 17/05/2024 14:28 Última actualización 17/05/2024 16:57

O cadáver dun home foi rescatado a media mañá deste venres no leito dun río situado na parroquia de Perlío, en Fene.

Segundo trasladaron profesionais do servizo de emerxencias o, corpo sen vida deste home atopábase nunha zona moi estreita, polo que tiveron que meterse uns quince metros ata que lograron sacalo.

A súa morte xa foi notificada polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que se trasladaron cunha ambulancia.

No lugar tamén compareceron axentes da Policía Local de Fene e Garda Civil, que se encarga de investigar o motivo deste falecemento.

Na zona onde se localizou este corpo inícianse este venres unhas festas, estando xa colocadas na zona un bo número de barracas e atraccións de feira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade