Aparatoso accidente sen vítimas tras chocar un turismo contra un hotel en Poio
O turismo quedou envorcado lateralmente ao chocar contra o hotel e os ocupantes precisaron ser liberados
A aparatoso accidente este mediodía no concello pontevedrés de Poio. Un coche foi bater contra un hotel na rúa Avenida del Laño tras sufrir unha saída da vía. Foi un particular o que alertou os servizos de emerxencias.
Ante a posibilidade de que houbese persoas atrapadas, o 112 avisou aos bombeiros do Salnés, que tiveron que liberar os dous ocupantes do turismo que quedou envorcado lateralmente. A pesar de que o vehículo impactou contra un salón do hotel, ningún dos clientes se viu afectado.
Tampouco os ocupantes se feriron de gravidade. Foi preciso que os liberasen porque a posición en que quedou o vehículo impedía que saísen polos seus propios medios.