Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aparatoso accidente en Nigrán para eludir un choque frontal

Aparatoso accidente en Nigrán para eludir un choque frontal

O vehículo acabou envorcando e o acompañante foi liberado

G24.gal 10/11/2022 13:21

Coa luz do día aínda quedan marcas no chan o no muro que recibiron o impacto, tamén restos do vehículo accidentado. Apenas hai rabuñaduras no outro vehículo que recibiu o golpe. Peor era a imaxe da noite coas dúas ambulancias e os vehículos pegados, algúns veciños espertaron polo estrondo dos choques ou polos sinais lumínicos dos equipos de emerxencias.

O vehículo accidentado circulaba pola PO-552 en Nigrán dirección Vigo cando segundo algúns veciños atopou un vehículo de fronte e desviouse a este camiño das Angustias, onde empezou a súa errática traxectoria. Malia os estragos, a envorcadura e os impactos, só quedou ferido o acompañante da condutora, ela saíu do vehículo polo seu propio pé e el foi liberado.

O acompañante foi evacuado nunha ambulancia do 061 ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade