Antoñito: "Non sei se estabamos máis pendentes do partido de España que do noso"
Antoñito: "Non sei se estabamos máis pendentes do partido de España que do noso"
É unha das explicacións de Antoñito á derrota do Deportivo en Badaxoz 1-0
O Deportivo volve este xoves ao traballo sacudíndose aínda o bofetón que levou en Badaxoz. Desde o vestiario, en palabras de Antoñito, parece que achacarán a derrota a un mal día… e ao Mundial:
"Xa está todo dito, non fai falta que o míster diga nada. Xa soubemos no campo que non estabamos activados desde o primeiro momento. Foi un partido parvo. Non sei se estabamos máis pendentes do partido de España que do noso. Non saímos coa intensidade que merecía e a transcendía ese día. É o que dixo o adestrador. Hai que seguir traballando máis forte, estar activados e non darlle máis voltas".
O lateral fai un chamamento a baixar a cabeza e seguir traballando:
"Hai que ter regularidade. No equipo sabemos o que hai, que non é fácil. Hai moitos rivais que che complican a vida e contra o Dépor xogan o partido do ano e van ao cento por cento. Só queda traballar. Na miña casa ensináronme que cando non saen as cousas, hai que traballar aínda máis. E sempre o digo. O que veña e vexa como traballamos… estamos case cinco horas ao día aquí".