Cargando resultados...
Antonio Montoro convértese na décima fichaxe do Pontevedra
Disputou 35 partidos co Hércules C. F. na última temporada en 1ª RFEF

G24.gal
05/08/2025 10:18
O Pontevedra confirmou a fichaxe do defensa central de 28 anos Antonio Montoro. O xogador nacido en Xetafe conta con experiencia en 1ª RFEF, categoría en que foi titular nos últimos anos co Hércules C. F. e o Real Unión.
O madrileño formouse nas categorías bases do Xetafe e o Atletico de Madrid, chegando a debutar con estes últimos na Copa do Rei. Durante o seu tempo no Atlético de Madrid sería convocado coa selección española sub-17 disputando dous encontros.
Montoro convértese na décima incorporación do Pontevedra para a vindeira temporada e o cuarto central que formará parte do cadro pontevedrés.