Publicador de contidos

Publicador de contidos

Antonio Fernández, presentado como novo técnico do Pontevedra

Antonio Fernández, presentado como novo técnico do Pontevedra

Xa xogara no equipo de Pasarón na temporada 2011-12

Como técnico dirixiu o Vilalonga, o Alondras (dúas fases de ascenso) e as últimas campañas estivo no San Roque de Lepe

G24.gal 06/07/2022 12:28 Última actualización 07/07/2022 10:05

Antonio Fernández Rivadulla será o adestrador do Pontevedra da temporada 2022-23. O técnico ourensán ten unha extensa carreira como xogador (estivo unha temporada no Pontevedra), e nas últimas campañas como adestrador a súa carreira estivo acompañada por éxitos. 

"O Pontevedra é un grande é vir aquí é un orgullo", comentou o novo técnico na súa presentación a carón da presidenta Lupe Murillo e de Toni Otero, director deportivo.

Como técnico, dirixiu o Vilalonga, na Terceira División (equipo no que se retirou), e logo pasou ao Alondras, co que xogou dúas fases de ascenso a 2.ª B (17-18 e 18-19). Probou sorte no fútbol andaluz, polo que xa pasara como futbolista, e dirixiu o San Roque de Lepe, que mantivo na primeira campaña en Terceira, ascendeu a Segunda Federación na segunda e conseguiu manter na terceira temporada en terras andaluzas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade