Cargando resultados...
Antía Muíño: "Antes preocupábame, pero agora sei que o futuro está no presente"
Antía Muiño publicará o seu primeiro disco a finais deste ano
Ten tocado en festivais como o Jazzlandia
É unha das voces convidadas no novo disco de Xabier Díaz
G24.gal
03/06/2022 16:57
Ía camiño de ser avogada, pero unha viaxe cambioulle os plans. Antía Muiño ten unha voz singularísima e parte da súa formación no tradicional e na clásica para crear un repertorio que non se pode adscribir a un xénero en concreto. É unha nova voz da canción galega, que xa está en boca de todos, sen ter aínda disco publicado.