Publicador de contidos

Publicador de contidos

Anselmi desfaise en eloxios cara o Celta: "É dos equipos que obrigan a tomar decisións en cada momento"

Anselmi desfaise en eloxios cara o Celta: "É dos equipos que obrigan a tomar decisións en cada momento"

O adestrador do Elx considera que "é un dos equipos que mellor atacan, pero tamén defende moi ben, os números reflícteno"

G24.gal 09/10/2026 08:22

O Celta buscará a segunda vitoria consecutiva do campionato no campo do Elx. O adestrador do equipo ilicitano, Martín Anselmi, falou na previa do partido e sabe ben da calidade do equipo celeste malia que os resultados non acompañaron neste comezo de tempada. 

Para Anselmi o equipo de Giráldez é un dos cadros máis completos da Liga: "É un dos equipos que mellor ataca pero tamén defende moi ben, os números reflícteno", asegurou o adestrador. Anselmi considera que Claudio é un adestrador que sempre "desafía o técnico rival porque fai cambios que nos obrigan a tomar decisións en cada momento". 

O Elx está en postos de descenso despois de sete xornadas. Sumou cinco puntos, dous menos que o conxunto vigués pero tivo un calendario moi duro ao comezo pois tivo que enfrontarse ao Barcelona (0-5) e Real Madrid (2-3) no Martínez Valero. Á parada foi con boas sensacións logo de gañarlle por 1-3 ao Español no que é, ata o de agora, o seu único triunfo. Afronta un mes de outubro tamén moi duro porque despois de xogar contra o Celta terá dous compromisos como visitante, en Vilarreal e Vallecas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade