Anne Plantagenet, no centenario María Casares: "É unha gran figura do século XX. Muller libre e única".
Anne Plantagenet, no centenario María Casares: "É unha gran figura do século XX. Muller libre e única".
María Casares é considerada unha das mellores actrices do século XX en lingua francesa
A Coruña celebra o 2022 como Ano Internacional María Casares con diferentes actividades
A escritora e biógrafa francesa Anne Plantagenet publica o libro 'La única. María Casares'
Desde o ano 96 os premios do teatro galego levan o seu nome. Este 2022, coincidindo co seu centenario, A Coruña, cidade onde naceu, celebra o Ano Internacional María Casares.
A nena Vitola ou Vitoliña viviu en Galicia ata os 8 anos. Residiu cos seus pais en Madrid ata os 14, e despois exiliouse a París coa súa nai fuxindo da Guerra Civil.
Recoñecida coma unha das máis grandes actrices en lingua francesa, compartiu traballo, complicidade e amor co premio Nobel Albert Camus. Recibiu os máis prestixiosos galardóns ao longo da súa carreira: o Premio Molière, o Nacional de Teatro, a Lexión de Honor, a Medalla ao Mérito das Belas Artes e a Medalla Castelao entre outras.
Hoxe lembramos a súa figura cunha das súas biógrafas, a escritora francesa Anne Plantagenet.
